Consolidaremos a rede Alumni UVigo orientada á construción de comunidade e ao retorno social, promovendo a participación do alumni en actividades culturais, científicas e sociais, programas de mentorización con enfoque social e colaboración con entidades do territorio. A rede actuará tamén como canle de vínculo co exterior e de achega de experiencia profesional á universidade.
O obxectivo é manter unha relación bidireccional estable coa comunidade egresada, reforzando o sentimento de pertenza e o compromiso coa UVigo como institución pública.
