Actualidade
A Lei da Ciencia sinala a transferencia como a gran carencia do sistema público de I+D+i. O programa responde con dúas medidas estruturais — a Vicerreitoría de Transferencia, Innovación e Impacto Social e a Oficina 360° de I+D+i — baixo o principio de “gobernar e acompañar”
O ciclo “A universidade que queremos” pechou cunha cuarta sesión sobre transferencia de coñecemento tras superar expectativas de asistencia e participación, ao tempo que a candidatura de Carmen García Mateo presentou novos perfís do seu futuro equipo de goberno.
A catedrática Carmen García Mateo presentou este luns no campus de Pontevedra a súa candidatura á Reitoría da Universidade de Vigo, acompañada polas candidatas a vicerreitoras de campus, Marián Fernández Villarino, polo Campus de Pontevedra, e Montserrat Cruz González, polo Campus de Ourense
Carmen García Mateo presentou oficialmente a súa candidatura ás eleccións á Reitoría da Universidade de Vigo previstas para 2026. No acto celebrado en Redeiras, apelou a un “paso adiante colectivo” para reforzar a cohesión, o liderado e a confianza institucional. A candidata aposta por unha universidade aberta, sólida e con voz propia, e reivindica o seu compromiso co servizo público: “Quero ser a primeira reitora da nosa institución”.