O Equipo

O equipo que acompaña esta candidatura nace cunha idea clara: construír un proxecto colectivo para a Universidade de Vigo. É un equipo coral, transversal e polifónico, no que conflúen persoas de ámbitos, centros e traxectorias distintas, con voces diversas que non compiten entre si, senón que se complementan e dialogan para enriquecer a análise e a toma de decisións.

Nel conviven a experiencia acumulada de quen leva anos comprometido coa institución e a enerxía de novas xeracións que achegan perspectivas e prioridades diferentes. Esa combinación de xuventude e experiencia permítenos mirar ao futuro con ambición, sen perder o coñecemento profundo da universidade, do seu funcionamento e dos seus retos.

Pero a verdadeira fortaleza deste equipo non está na suma de individualidades, senón na conxugación dun conxunto humano perfectamente imbricado, chamado a traballar codo con codo para facer realidade un proxecto compartido. Cada persoa achega coñecemento, capacidade e mirada propia, mais o esencial é a habilidade de integrar esas achegas nunha acción común, coherente e orientada a obxectivos.

Máis que un conxunto de nomes, este equipo representa unha forma de traballar: cooperativa, aberta, rigorosa e baseada na confianza. Un equipo preparado para escoitar, integrar, coordinar e transformar propostas en acción. Porque gobernar unha universidade esixe precisamente iso: diálogo, coordinación, confianza mutua e un traballo conxunto sostido no tempo.

Vicerreitoría de
Transferencia, Innovación e Impacto Social

Vicerreitoría de
Docencia e Transformación Educativa

Vicerreitoría de
Infraestruturas, Enerxía e Mobilidade

no label

no title