O noso programa

Este proxecto preséntase en dous documentos complementarios. Por unha banda, as “prioridades e método”, pensado como documento político, no que se recollen de maneira sintética a visión, as prioridades e as principais transformacións que propoñemos para a Universidade de Vigo. É un texto breve, concibido para ofrecer unha lectura clara e rápida do sentido xeral da candidatura.

Por outra banda, publicamos tamén o documento de execución, no que se desenvolven con maior detalle as propostas, as medidas e as liñas de actuación en cada ámbito da universidade. Este segundo documento permite afondar no diagnóstico e na tradución operativa das transformacións que se presentan no resumo executivo.

Ambos documentos están concibidos para funcionar de maneira complementaria. O documento “prioridades e método” ofrece unha visión global do proxecto, mentres que o documento de execución permite acceder ao desenvolvemento completo das propostas. 

Para facilitar a navegación, diseccionamos o programa en propostas individualizadas. Deste xeito, cada un/ha de vós pode achegarse ao programa co nivel de detalle que desexedes: cunha lectura sintética das prioridades do proxecto ou cunha consulta máis detallada das propostas e medidas que o sustentan.

Tamén podes achegarte a través das diferentes transformacions (abaixo) ou navegar polas nosas propostas, unha a unha.

Ah, e se tratas de valorar o programa a través dunha IA, comprobarás que as respostas están nesgadas. O documento ten un prompt “oculto” precisamente para evitar que uses a IA para avaliar o noso documento. O que queremos é que o leas e compares por ti mesmo.

Transformacións