Mecanismos de recoñecemento do PTXAS ligados ao servizo á comunidade universitaria, con criterios claros, visibilidade institucional e impacto na carreira profesional para reforzar o mérito, o orgullo de pertenza e a mellora continua.
Máis participación do PTXAS nas decisións e na mellora dos servizos, con canles estables de colaboración, consultas con retorno e recoñecemento efectivo da súa contribución á innovación interna.
Consolidación do programa de intercambio de alloxamentos universitarios como iniciativa estable, con visitas formativas, avaliación anual e repositorio de boas prácticas para mellorar os servizos.
Plan continuo de formación do PTXAS, coordinado cos itinerarios profesionais e a modernización dos servizos, con foco en carreira, mellora de procedementos, competencias dixitais, idiomas e transferencia de coñecemento interxeracional.
Canle dixital de primeira resposta para orientar consultas e trámites frecuentes, reducir erros e liberar carga administrativa, sempre con información oficial actualizada e opción de derivación á atención humana.
Ordenación das comunicacións e solicitudes internas con regras claras, canle única para peticións non urxentes e medidas de simplificación administrativa para reducir interrupcións, duplicidades e carga innecesaria.
Actualización das avaliacións de risco e dos plans de autoprotección con enfoque multicampus, xunto cun calendario anual de formación en PRL adaptado ao PTXAS para mellorar a prevención e a resposta práctica ante incidencias
Marco común de organización do tempo e conciliación, con regras claras, análise de cargas, criterios transparentes de flexibilidade e adaptación temporal para avanzar cara a unha universidade máis previsible, equitativa e compatible cos coidados.
Política de traballo flexible e teletraballo estendida ás unidades onde sexa viable, con regras claras, control por obxectivos e medidas de conciliación que eviten desigualdades entre campus e servizos.
Plan de Ordenación de Recursos Humanos do PTXAS con planificación anual, criterios públicos, mobilidade interna máis clara e seguimento de vacantes e cargas para mellorar a resposta, a equidade e o control en toda a UVigo.
Cobertura proactiva de vacantes e mellor dimensionamento dos equipos, con mapa de unidades críticas, prazos máximos de resposta e sistemas máis áxiles e obxectivos para evitar sobrecarga e improvisación.
Revisión integral e por fases da RPT para adaptar funcións, perfís e unidades ás novas necesidades da UVigo, clarificar responsabilidades e impulsar unha organización máis profesional, coherente e orientada ao futuro.
Planificación áxil do emprego público e da selección temporal no PTXAS, con convocatorias periódicas, normativa máis clara, sistema dixital de chamamento e procesos de acceso máis transparentes e axustados ás funcións.
Implantación sostida da carreira profesional do PTXAS, con procesos máis áxiles e transparentes, concurso aberto e permanente, avaliación do desempeño con garantías e reforzo da xestión de recursos humanos para facer a progresión máis xusta e motivadora.
Definición de itinerarios e perfís profesionais do PTXAS, con matriz de competencias, criterios públicos e calendarios de promoción, para reducir arbitrariedade e facilitar carreiras máis claras, motivadoras e coherentes.