Recoñecemento institucional e sentimento de pertenza á institución

Estableceremos mecanismos de recoñecemento vinculados ao servizo á comunidade universitaria (boas prácticas, melloras de procesos, atención excelente, innovación interna), con criterios claros, trazabilidade, visibilidade institucional e reflexo na carreira profesional. 

Realizaranse actos institucionais que dean visibilidade ás tomas de posesión tras os procesos selectivos do PTXAS, nos que se poñerá en valor que a capacidade e esforzo do PTXAS non só beneficia a súa progresión profesional senón que tamén contribúe a excelencia da institución.

O recoñecemento estará orientado a reforzar o orgullo profesional e a mellora continua, evitando fórmulas simbólicas sen impacto, poñendo así en valor o papel do PTXAS no funcionamento diario da universidade e recuperando o seu sentimento de pertenza á institución.

O obxectivo é implantar unha cultura institucional de respecto ao mérito profesional que favoreza a identificación de todos os colectivos cos obxectivos da Uvigo.