Medidas

Responsable: Xerencia

Medidas · Responsable: Xerencia

A UVigo é unha institución multicampus con realidades académicas, sociais e territoriais diversas.
Colectivo: , , ,
Responsable: Vicerreitoría de Campus de Ourense, Vicerreitoría de Campus de Pontevedra, Xerencia
Crearemos unha porta de entrada única, visible e estable para empresas, administracións e entidades sociais que integre acceso, orientación e seguimento. “UVigo Responde” combinará acollida inicial con resposta nun prazo definido, identificación de responsables e información clara do estado de cada solicitude.
Colectivo:
Prazo:
Responsable: Xerencia
A nosa candidatura non vén a arbitrar conflito tras conflito; vén a xogar o partido da universidade investigadora con ambición e cabeza. Mesmo cun bo marco e con criterios claros, se non existe un mecanismo estable de decisión, os problemas do PI/PAI volverán resolverse a golpe de urxencia, interpretacións dispersas ou reacción a sentenzas.
Prazo:
Responsable: Vicerreitoría de Profesorado e Persoal Investigador, Xerencia
Nun contexto científico altamente competitivo, a universidade non pode permitirse perder persoal investigador por falta de flexibilidade ou por marcos salariais pouco atractivos. Isto está a suceder.
Responsable: Vicerreitoría de Profesorado e Persoal Investigador, Xerencia
A Universidade de Vigo precisa asumir con claridade que a investigación non é unha actividade administrativa, senón unha función estratéxica que require persoal de investigación e de apoio ben integrado nun contexto científico e tecnolóxico que nunca cambiou con tanta velocidade, e que por tanto muda as necesidades de contratación (cuantitativa e cualitativamente) con moita máis frecuencia.
Prazo:
Responsable: Vicerreitoría de Profesorado e Persoal Investigador, Xerencia
Estableceremos un marco estable para a xestión das contratacións e retribucións asociadas a axudas competitivas (especialmente posdoutorais), garantindo seguridade xurídica e económica para as persoas beneficiarias.
Prazo:
Responsable: Vicerreitoría de Profesorado e Persoal Investigador, Xerencia
Reforzaremos a cultura preventiva con formación continua en PRL para o PDI (módulos por risco e actividade), actualización de avaliacións de risco e plans de autoprotección multicampus e por centros, e accións específicas para prácticas e actividades con riscos (laboratorios, saídas de campo).
Responsable: Xerencia
Implantaremos un protocolo de acollida para novas incorporacións ao PDI: información clara, alta administrativa áxil, guía de servizos por campus, acceso ordenado ás ferramentas e procedementos básicos, apoio á integración na unidade e rede de mentorización interna (persoa referente).
Prazo:
Responsable: Vicerreitoría de Profesorado e Persoal Investigador, Xerencia
A UVigo implantará unha porta de entrada única para calquera actividade de I+D+i, que actúe como punto claro de acceso, orientación inicial, rexistro e seguimento das solicitudes, incluíndo unha canle única de incidencias para consultas e bloqueos ao longo do proceso.
Responsable: Xerencia
Realizaremos un mapa dos trámites críticos e dos seus tempos reais (altas/contratos, sinaturas, compras, pagamentos e xustificación), identificando onde se producen os bloqueos.
Responsable: Xerencia
Crearemos comités operativos pequenos por ámbitos de tramitación (PDI + PTXAS, con presenza de Xerencia cando proceda) para identificar “puntos negros” e resolvelos con método.
Colectivo: ,
Prazo:
Responsable: Xerencia
A UVigo reformará o procedemento de contratación de persoal con cargo a financiamento finalista (proxectos competitivos e contratos art. 60) porque hoxe os tempos fan inviables proxectos curtos, consumen horas do PDI, e xeran retraballo no PTXAS.
Prazo:
Responsable: Vicerreitoría de Profesorado e Persoal Investigador, Xerencia
A revisión metodolóxica orientarase a reforzar a xustiza, a proporcionalidade e a transparencia do sistema, axustando os custos indirectos á intensidade real de infraestrutura e soporte de cada tipoloxía de actividade.
Colectivo:
Prazo:
Responsable: Xerencia
Revisaremos a normativa de xestión dos recursos liberados dispoñibles (RLDs) para que, nos proxectos estratéxicos, estes recursos revertan prioritariamente no ecosistema investigador que os xera e poidan empregarse con maior flexibilidade para reforzar a capacidade de execución, captación e consolidación da investigación.
Colectivo:
Prazo:
Responsable: Xerencia
Para que a internacionalización sexa escalable e equitativa, a UVigo precisa un sistema de servizos sólido, estable e coordinado, que acompañe mobilidade, captación e proxectos sen depender de esforzos extraordinarios individuais.
Colectivo: , ,
Prazo:
Responsable: Vicerreitoría de Oferta Académica, Xerencia
Para que a accesibilidade e a atención en inglés sexan reais, fai falta capacidade lingüística distribuída e sostible.
Colectivo: , ,
Responsable: Vicerreitoría de Estudantes e Vida Universitaria, Vicerreitoría de Profesorado e Persoal Investigador, Xerencia
Implantaremos un sistema de gobernanza que asegure que ferramentas críticas evolucionan con orde. Teremos unha Vicerreitoría que garanta que a UVigo funciona con visión a medio prazo, con datos fiables, con procesos definidos e cun ecosistema dixital estable e orientado ás persoas usuarias.
Colectivo: , ,
Prazo:
Responsable: Vicerreitoría de Estratexia, Gobernanza e Economía, Xerencia
A acción de goberno debe ser guiada por un plan que informe do que e do como; a axenda non pode estar mudando por urxencias, intereses fragmentados ou demandas puntuais, sen unha conexión clara entre prioridades, recursos e resultados.
Colectivo: , , ,
Prazo:
Responsable: Vicerreitoría de Estratexia, Gobernanza e Economía, Xerencia
A UVigo xa emprega instrumentos de programación con algunhas unidades; a nosa proposta é convertelos nun mecanismo simple, comparable e executábel para orientar recursos, aliñar prioridades e reducir arbitrariedade.
Colectivo: , ,
Responsable: Vicerreitoría de Estratexia, Gobernanza e Economía, Xerencia
Aprobaremos un Plan de simplificación normativa e administrativa para revisar procedementos, eliminar duplicidades, reducir cargas innecesarias e facer máis áxil e comprensible o funcionamento da UVigo.
Colectivo: , ,
Prazo:
Responsable: Vicerreitoría de Estratexia, Gobernanza e Economía, Xerencia
A implantación de SIGMA resultou dunha decisión mal deseñada e peor executada: cambios concentrados, módulos simultáneos, probas insuficientes e formación claramente incompleta. O resultado foi un custo enorme en tempo, retraballo e desgaste para todos.
Colectivo: , ,
Responsable: Vicerreitoría de Estratexia, Gobernanza e Economía, Xerencia
As decisión organizativas e unha política de persoal no PTXAS pouco axeitada fixeron máis fráxiles os circuítos administrativos e normalizaron a infraexecución.
Colectivo: , , ,
Prazo:
Responsable: Vicerreitoría de Estratexia, Gobernanza e Economía, Xerencia
Implantaranse pregos tipo para compras e contratos recorrentes (limpeza, mantemento, subministracións, equipamento e servizos) incorporando criterios ambientais e de custo de ciclo de vida: eficiencia, durabilidade, reparabilidade e redución de embalaxes e consumibles.
Colectivo: , , ,
Prazo:
Responsable: Xerencia
O Servizo de Prevención leva tempo funcionando con dotación axustada e continuidade irregular en funcións clave, o que limita a súa capacidade para planificar e facer seguimento de maneira visible e sistemática.
Colectivo: , ,
Responsable: Xerencia
Mecanismos de recoñecemento do PTXAS ligados ao servizo á comunidade universitaria, con criterios claros, visibilidade institucional e impacto na carreira profesional para reforzar o mérito, o orgullo de pertenza e a mellora continua.
Colectivo:
Responsable: Xerencia
Máis participación do PTXAS nas decisións e na mellora dos servizos, con canles estables de colaboración, consultas con retorno e recoñecemento efectivo da súa contribución á innovación interna.
Colectivo:
Prazo:
Responsable: Xerencia
Consolidación do programa de intercambio de alloxamentos universitarios como iniciativa estable, con visitas formativas, avaliación anual e repositorio de boas prácticas para mellorar os servizos.
Colectivo:
Responsable: Xerencia
Plan continuo de formación do PTXAS, coordinado cos itinerarios profesionais e a modernización dos servizos, con foco en carreira, mellora de procedementos, competencias dixitais, idiomas e transferencia de coñecemento interxeracional.
Colectivo:
Responsable: Xerencia
Canle dixital de primeira resposta para orientar consultas e trámites frecuentes, reducir erros e liberar carga administrativa, sempre con información oficial actualizada e opción de derivación á atención humana.
Colectivo:
Responsable: Xerencia
Ordenación das comunicacións e solicitudes internas con regras claras, canle única para peticións non urxentes e medidas de simplificación administrativa para reducir interrupcións, duplicidades e carga innecesaria.
Colectivo:
Responsable: Xerencia
Actualización das avaliacións de risco e dos plans de autoprotección con enfoque multicampus, xunto cun calendario anual de formación en PRL adaptado ao PTXAS para mellorar a prevención e a resposta práctica ante incidencias
Colectivo:
Responsable: Xerencia
Marco común de organización do tempo e conciliación, con regras claras, análise de cargas, criterios transparentes de flexibilidade e adaptación temporal para avanzar cara a unha universidade máis previsible, equitativa e compatible cos coidados.
Colectivo: ,
Prazo:
Responsable: Xerencia
Política de traballo flexible e teletraballo estendida ás unidades onde sexa viable, con regras claras, control por obxectivos e medidas de conciliación que eviten desigualdades entre campus e servizos.
Colectivo:
Prazo:
Responsable: Xerencia
Plan de Ordenación de Recursos Humanos do PTXAS con planificación anual, criterios públicos, mobilidade interna máis clara e seguimento de vacantes e cargas para mellorar a resposta, a equidade e o control en toda a UVigo.
Colectivo:
Prazo:
Responsable: Xerencia
Cobertura proactiva de vacantes e mellor dimensionamento dos equipos, con mapa de unidades críticas, prazos máximos de resposta e sistemas máis áxiles e obxectivos para evitar sobrecarga e improvisación.
Colectivo:
Prazo:
Responsable: Xerencia
Revisión integral e por fases da RPT para adaptar funcións, perfís e unidades ás novas necesidades da UVigo, clarificar responsabilidades e impulsar unha organización máis profesional, coherente e orientada ao futuro.
Colectivo:
Responsable: Xerencia
Planificación áxil do emprego público e da selección temporal no PTXAS, con convocatorias periódicas, normativa máis clara, sistema dixital de chamamento e procesos de acceso máis transparentes e axustados ás funcións.
Colectivo:
Responsable: Xerencia
Implantación sostida da carreira profesional do PTXAS, con procesos máis áxiles e transparentes, concurso aberto e permanente, avaliación do desempeño con garantías e reforzo da xestión de recursos humanos para facer a progresión máis xusta e motivadora.
Colectivo:
Responsable: Xerencia
Definición de itinerarios e perfís profesionais do PTXAS, con matriz de competencias, criterios públicos e calendarios de promoción, para reducir arbitrariedade e facilitar carreiras máis claras, motivadoras e coherentes.
Colectivo:
Responsable: Xerencia
Actualización do Regulamento de estudantes para que a mobilización estudantil teña cobertura real, con paro académico máis viable, guía operativa única e garantías fronte a penalizacións inxustas.
Colectivo:
Responsable: Secretaría Xeral, Vicerreitoría de Estudantes e Vida Universitaria, Xerencia
Servizo estable de orientación e apoio psicopedagóxico para garantir inclusión real, con procedemento único, resposta en prazo, acompañamento ao estudantado e estándares comúns de adaptación docente e accesibilidade dixital.
Colectivo:
Responsable: Vicerreitoría de Estudantes e Vida Universitaria, Xerencia
Plan estable de convivencia e prevención fronte a violencias e condutas de risco, con diagnósticos periódicos, ruta única de acceso á axuda e protocolos máis áxiles para mellorar a seguridade real e percibida no campus.
Colectivo:
Responsable: Secretaría Xeral, Vicerreitoría de Estudantes e Vida Universitaria, Xerencia
Reordenaremos comedores/cafetarías e espazos comúns para corrixir dispersión, perdas e servizos con funcionamento irregular (horarios e aperturas non estables, cambios frecuentes na oferta e ausencia de información unificada). Consolidarase un modelo sostible con regras claras de prezos, horarios e estándares de servizo
Colectivo:
Responsable: Xerencia
Reforzarase a rede de bibliotecas da UVigo como infraestrutura académica central, transformándoas en espazos abertos e versátiles que combinen estudo individual e traballo en grupo, con melloras por fases en acústica, confort, distribución e accesibilidade.
Colectivo:
Responsable: Vicerreitoría de Estudantes e Vida Universitaria, Vicerreitoría de Infraestruturas, Enerxía e Mobilidade, Xerencia
Reduciremos a carga administrativa que soporta o estudantado e evitaremos a “peregrinación” entre unidades.
Colectivo:
Responsable: Secretaría Xeral, Vicerreitoría de Estratexia, Gobernanza e Economía, Xerencia