Desconexión dixital e redución de carga administrativa: estándares de atención e eliminación de retraballo

Ordenaremos as comunicacións e as solicitudes internas para protexer o tempo de traballo efectivo e mellorar a calidade do servizo.

Definiremos regras claras de atención (franxas, canles, prazos razoables e que se considera urxencia real), priorizando unha canle única rexistrada para as peticións non urxentes, evitando interrupcións constantes, duplicidades e dependencia de contactos informais.

En paralelo, poremos en marcha un plan de redución de carga administrativa, duplicidades e tarefas repetidas: revisión de procedementos que fan facer dúas veces o mesmo, simplificación de fluxos, eliminación de solicitudes innecesarias e mellora de formularios e ferramentas corporativas.

Este marco coordinarase co réxime de dispoñibilidade, para cortar a cultura da urxencia permanente sen reducir a capacidade de resposta cando haxa necesidades reais.

O obxectivo é protexer a saúde laboral e mellorar a calidade do servizo á comunidade universitaria.