Analizando os resultados de experiencias previas, desenvolveremos unha política de traballo flexible e de teletraballo que se estenda a todas as unidades nas que sexa viable, subordinándoa ás necesidades do servizo e á garantía de atención á comunidade universitaria.
Estableceranse regras operativas claras (tramos de presenza común, marxes de flexibilidade, coordinación e métodos transparentes para un control eficaz do cumprimento de obxectivos), co compromiso explícito de non penalizar unidades con tarefas presenciais nin crear desigualdades entre campus.
A flexibilidade aplicarase mediante solicitude e autorización motivada.
Como medida que contribúa á sostibilidade e a conciliación, negociarase a aplicación de medidas específicas de adaptación da xornada semanal para o persoal que teña que facer desprazamentos longos ao seu posto de traballo.
Estas medidas non suporán incremento de persoal nin do Capítulo I, e estarán orientadas a mellorar a organización do traballo e a facilitar a conciliación da vida laboral e familiar, non a reducir esixencia, responsabilidade ou produtividade.
