Medidas

colectivo: Persoal investigador

Medidas · colectivo: Persoal investigador

A UVigo reforzará o doutoramento como etapa formativa avanzada con identidade propia, clave para a calidade investigadora e a proxección internacional.
Prazo:
Responsable: Vicerreitoría de Docencia e Transformación Educativa, Vicerreitoría de Oferta Académica
A UVigo desenvolverá unha estratexia específica para os másteres universitarios como peza central do seu sistema académico, entendéndoos como ponte entre o grao, o doutoramento, a especialización profesional e a internacionalización.
Prazo:
Responsable: Vicerreitoría de Docencia e Transformación Educativa, Vicerreitoría de Oferta Académica
A nosa candidatura non vén a arbitrar conflito tras conflito; vén a xogar o partido da universidade investigadora con ambición e cabeza. Mesmo cun bo marco e con criterios claros, se non existe un mecanismo estable de decisión, os problemas do PI/PAI volverán resolverse a golpe de urxencia, interpretacións dispersas ou reacción a sentenzas.
Prazo:
Responsable: Vicerreitoría de Profesorado e Persoal Investigador, Xerencia
Nun contexto científico altamente competitivo, a universidade non pode permitirse perder persoal investigador por falta de flexibilidade ou por marcos salariais pouco atractivos. Isto está a suceder.
Responsable: Vicerreitoría de Profesorado e Persoal Investigador, Xerencia
A Universidade de Vigo precisa asumir con claridade que a investigación non é unha actividade administrativa, senón unha función estratéxica que require persoal de investigación e de apoio ben integrado nun contexto científico e tecnolóxico que nunca cambiou con tanta velocidade, e que por tanto muda as necesidades de contratación (cuantitativa e cualitativamente) con moita máis frecuencia.
Prazo:
Responsable: Vicerreitoría de Profesorado e Persoal Investigador, Xerencia
Estableceremos un marco estable para a xestión das contratacións e retribucións asociadas a axudas competitivas (especialmente posdoutorais), garantindo seguridade xurídica e económica para as persoas beneficiarias.
Prazo:
Responsable: Vicerreitoría de Profesorado e Persoal Investigador, Xerencia
Reforzaremos a cultura preventiva con formación continua en PRL para o PDI (módulos por risco e actividade), actualización de avaliacións de risco e plans de autoprotección multicampus e por centros, e accións específicas para prácticas e actividades con riscos (laboratorios, saídas de campo).
Responsable: Xerencia
Implantaremos un protocolo de acollida para novas incorporacións ao PDI: información clara, alta administrativa áxil, guía de servizos por campus, acceso ordenado ás ferramentas e procedementos básicos, apoio á integración na unidade e rede de mentorización interna (persoa referente).
Prazo:
Responsable: Vicerreitoría de Profesorado e Persoal Investigador, Xerencia
Conciliar non significa traballar menos, senón poder organizar mellor o tempo académico con criterios previsibles.
Prazo:
Responsable: Vicerreitoría de Profesorado e Persoal Investigador
Precisamos un sistema áxil e xusto para cubrir a docencia cando xorden baixas, permisos ou incidencias sobrevidas. Non é que o sistema funcione mal; é que está deseñado para ir lento. O problema, porén, non é só de tempos, senón tamén de modelo: unha universidade responsable non pode depender de procedementos obsoletos nin de solucións informais para resolver necesidades urxentes.
Prazo:
Responsable: Vicerreitoría de Profesorado e Persoal Investigador
Máis claridade, coherencia e trazabilidade nos procesos de selección do PDI, comezando polas prazas de Axudante Doutor/a, para reducir arbitrariedade, reforzar a confianza e facer o acceso á carreira académica máis xusto e previsible.
Responsable: Vicerreitoría de Profesorado e Persoal Investigador
Marco de carreira e estabilización do PDI máis previsible, transparente e sostible, con criterios públicos, calendarios orientativos e información clara para reforzar a planificación, a confianza e a seguridade profesional.
Prazo:
Responsable: Vicerreitoría de Profesorado e Persoal Investigador
Revisión dos criterios de planificación docente do PDI para recoñecer mellor a carga real, a docencia masiva e outras responsabilidades académicas de alta esixencia, cun modelo máis xusto, gradual e sostible.
Prazo:
Responsable: Vicerreitoría de Profesorado e Persoal Investigador
A UVigo implantará unha porta de entrada única para calquera actividade de I+D+i, que actúe como punto claro de acceso, orientación inicial, rexistro e seguimento das solicitudes, incluíndo unha canle única de incidencias para consultas e bloqueos ao longo do proceso.
Responsable: Xerencia
Realizaremos un mapa dos trámites críticos e dos seus tempos reais (altas/contratos, sinaturas, compras, pagamentos e xustificación), identificando onde se producen os bloqueos.
Responsable: Xerencia
A UVigo reformará o procedemento de contratación de persoal con cargo a financiamento finalista (proxectos competitivos e contratos art. 60) porque hoxe os tempos fan inviables proxectos curtos, consumen horas do PDI, e xeran retraballo no PTXAS.
Prazo:
Responsable: Vicerreitoría de Profesorado e Persoal Investigador, Xerencia
Reordenaremos as axudas propias á investigación da Universidade de Vigo para superar a actual fragmentación en convocatorias dispersas.
Prazo:
Responsable: Vicerreitoría de Investigación
A UVigo mellorará o programa específico para atraer e reter talento investigador e perfís técnicos clave, con criterios claros e comparables por ámbitos.
Prazo:
Responsable: Vicerreitoría de Profesorado e Persoal Investigador
A UVigo aprobará un marco institucional único de calidade e confianza aplicable ás súas convocatorias e decisións internas (axudas propias de investigación, predoutorais propias, financiación de APCs, asignación de apoios institucionais), que integre avaliación responsable e integridade e boas prácticas, con criterios diferenciados por ámbitos de coñecemento.
Prazo:
Responsable: Vicerreitoría de Investigación, Vicerreitoría de Profesorado e Persoal Investigador
A UVigo impulsará un modelo de transferencia e emprendemento que permita converter resultados, datos, prototipos, metodoloxías e necesidades do territorio nun fluxo continuo de iniciativas con potencial de impacto, superando a actual dispersión de actividades illadas.
Responsable: Vicerreitoría de Transferencia, Innovación e Impacto Social
A UVigo activará un programa de proba de concepto baseado na reordenación de recursos existentes e na súa orientación a resultados, cunha dotación inicial prudente e cun efecto multiplicador a través da captación de financiamento externo e da colaboración con empresas e administracións.
Responsable: Vicerreitoría de Transferencia, Innovación e Impacto Social
A UVigo non carece de vías de transferencia; carece dun modelo claro e operativo que permita ao persoal investigador saber desde o inicio como transferir, con que condicións e en que prazos. Para corrixir isto, a UVigo reorganizará o seu modelo de transferencia e valorización do coñecemento cun itinerario claro de catro vías de saída, para que o persoal investigador e o estudantado saiban desde o primeiro día cal é a opción máis axeitada.
Responsable: Vicerreitoría de Transferencia, Innovación e Impacto Social
A UVigo actualizará o seu marco de participación e retorno en spin-offs para facelo máis claro e proporcional, reducindo incerteza para equipos fundadores e socios externos, e evitando negociacións “caso a caso” que atrasan ou bloquean proxectos.
Responsable: Vicerreitoría de Transferencia, Innovación e Impacto Social
A UVigo artellará un servizo estable de promoción e acompañamento profesional tanto á explotación de activos intanxibles como á creación e consolidación de spin-offs e start-ups baseado nun modelo de “porta única UVigo” e execución en rede, para evitar duplicidades e aproveitar as capacidades existentes no ecosistema (aceleración sectorial, mentorización empresarial, acceso a investimento e primeiros clientes).
Responsable: Vicerreitoría de Transferencia, Innovación e Impacto Social
A UVigo organizará a súa incubadora de proxectos e os seus pilotos de innovación como un sistema en rede, para que o emprendemento e a transferencia non rematen nun evento nin nun “pitch”, e para evitar crear estruturas duplicadas ás xa existentes no ecosistema.
Prazo:
Responsable: Vicerreitoría de Transferencia, Innovación e Impacto Social
A UVigo ampliará o seu modelo de transferencia para recoñecer, apoiar e facer visible tamén aquelas formas de impacto social, cultural, educativo e institucional que non se expresan principalmente a través de patentes, licenzas ou creación de empresas, pero que xeran valor público real e reforzan a misión universitaria.
Prazo:
Responsable: Vicerreitoría de Transferencia, Innovación e Impacto Social
A igualdade na UVigo debe gobernarse tamén con datos, seguimento e capacidade de corrección para correxir desviacións.
Responsable: Secretaría Xeral, Vicerreitoría de Estratexia, Gobernanza e Economía, Vicerreitoría de Estudantes e Vida Universitaria, Vicerreitoría de Profesorado e Persoal Investigador