Reordenaremos as axudas propias á investigación da Universidade de Vigo para superar a actual fragmentación en convocatorias dispersas.
O programa terá unha dobre finalidade: por unha banda, fortalecer a capacidade investigadora da UVigo, facilitando o inicio de novas liñas, a continuidade dos equipos e a resolución de bloqueos; e, por outra, mellorar a súa proxección académica e internacional, reforzando a presenza da universidade en redes, eventos e colaboracións científicas.
Haberá ao menos tres modalidades complementarias: (1) axudas semente para activar novas ideas, xerar resultados preliminares e preparar propostas competitivas con máis garantías de éxito en convocatorias autonómicas, estatais e europeas; (2) axudas ponte destinadas a garantir a continuidade de grupos e liñas de investigación entre proxectos, evitando interrupcións que impliquen perda de talento, coñecemento ou capacidade científica; e (3) microactuacións de tramitación áxil, que incluirán tanto o apoio a necesidades puntuais de investigación (servizos científico-técnicos, reparacións menores, preparación de propostas) como actividades de proxección científica (organización de congresos, visitas de persoal investigador, accións de creación e difusión).
O obxectivo da medida é oferecer un sistema de apoio máis claro e funcional, no que cada instrumento responda a unha finalidade concreta e medible. A concesión realizarase com equilíbrio entre ámbitos de coñecemento, priorizando a calidade, a viabilidade e o potencial de captación de financiamento externo.
