Implantaremos un protocolo de acollida para novas incorporacións ao PDI: información clara, alta administrativa áxil, guía de servizos por campus, acceso ordenado ás ferramentas e procedementos básicos, apoio á integración na unidade e rede de mentorización interna (persoa referente).
O obxectivo é reducir tempos mortos e inseguridades iniciais, mellorar a experiencia de incorporación e acelerar a capacidade de ensinar e investigar en condicións dignas desde o inicio.
