Medidas

colectivo: Sociedade

Medidas · colectivo: Sociedade

Impulsaremos un plan académico de campus orientado a fortalecer as titulacións que constitúen a súa identidade diferencial, a impulsar os másteres universitarios con maior potencial e a ordenar a avaliación de novas propostas académicas en función das necesidades sociais e profesionais, da súa viabilidade e do seu encaixe na estratexia do Campus CREA
Colectivo: , ,
Responsable: Vicerreitoría de Campus de Pontevedra, Vicerreitoría de Oferta Académica
Impulsaremos un plan de campus conectado, vivible e aberto, coordinado co Concello de Pontevedra e coas administracións competentes, que ordene actuacións prioritarias en accesibilidade, itinerarios peonís, iluminación, limpeza, seguridade percibida, mobilidade ciclista e humanización dos accesos
Colectivo: , , ,
Responsable: Vicerreitoría de Campus de Pontevedra, Vicerreitoría de Infraestruturas, Enerxía e Mobilidade
A UVigo organizará os Campus de Especialización como plataformas estables de relación co territorio, cunha función pública recoñecible máis alá da súa proxección académica e científica.
Colectivo:
Responsable: Vicerreitoría de Campus de Ourense, Vicerreitoría de Campus de Pontevedra, Vicerreitoría de Estratexia, Gobernanza e Economía
A UVigo é unha institución multicampus con realidades académicas, sociais e territoriais diversas.
Colectivo: , , ,
Responsable: Vicerreitoría de Campus de Ourense, Vicerreitoría de Campus de Pontevedra, Xerencia
Elaboraranse Plans Directores para Vigo, Pontevedra e Ourense cun horizonte de 6 anos e revisión anual. Cada plan incluirá unha carteira priorizada por fases e criterios públicos (seguridade, continuidade do servizo, accesibilidade, impacto enerxético e custo total).
Colectivo: , , ,
Prazo:
Responsable: Vicerreitoría de Campus de Ourense, Vicerreitoría de Campus de Pontevedra, Vicerreitoría de Infraestruturas, Enerxía e Mobilidade
O Campus Auga necesita pasar dunha especialización valiosa pero dispersa a un proxecto común, esixente e gobernable.
Colectivo: , , ,
Prazo:
Responsable: Vicerreitoría de Campus de Ourense, Vicerreitoría de Investigación, Vicerreitoría de Transferencia, Innovación e Impacto Social
O Campus de Ourense necesita reforzar a súa relación co tecido produtivo e institucional para que a súa especialización teña máis retorno visible no territorio e máis oportunidades reais para o estudantado e para os equipos de investigación. Hoxe existen colaboracións valiosas, pero demasiado dispersas, dependentes de iniciativas individuais e sen unha programación anual recoñecible.
Colectivo: , , ,
Prazo:
Responsable: Vicerreitoría de Campus de Ourense, Vicerreitoría de Transferencia, Innovación e Impacto Social
O Campus de Ourense precisa gañar ambición exterior para que a súa especialización non funcione só como identidade interna, senón tamén como plataforma de atracción de talento, captación competitiva e posicionamento internacional.
Colectivo: , , ,
Responsable: Vicerreitoría de Campus de Ourense, Vicerreitoría de Investigación, Vicerreitoría de Profesorado e Persoal Investigador
O Campus de Ourense necesita reforzar a súa condición de campus e non só de suma de centros. A experiencia universitaria mellora cando hai espazos recoñecibles de encontro, estudo, actividade compartida e vida académica máis alá da lóxica de cada facultade.
Colectivo: , , ,
Responsable: Vicerreitoría de Campus de Ourense, Vicerreitoría de Estudantes e Vida Universitaria, Vicerreitoría de Infraestruturas, Enerxía e Mobilidade
O Campus de Pontevedra precisa reforzar a súa identidade como campus especializado para pasar de ser unha suma de centros singulares a un proxecto recoñecible, cooperativo e con ambición exterior.
Colectivo: , , ,
Prazo:
Responsable: Vicerreitoría de Campus de Pontevedra, Vicerreitoría de Investigación, Vicerreitoría de Transferencia, Innovación e Impacto Social
O doutoramento pode ser unha peza central do ecosistema creativo, educativo e social do Campus de Pontevedra, se supera a lóxica de teses e liñas que avanzan de maneira illada.
Colectivo: , ,
Responsable: Vicerreitoría de Campus de Pontevedra, Vicerreitoría de Investigación, Vicerreitoría de Oferta Académica
O Campus de Pontevedra arrastra necesidades de espazo que xa non poden seguir tratándose a base de solucións parciais ou negociacións puntuais.
Colectivo: , , ,
Responsable: Vicerreitoría de Campus de Pontevedra, Vicerreitoría de Infraestruturas, Enerxía e Mobilidade
Vigo xa funciona como un polo tecnolóxico relevante, cunha base sólida en enxeñarías, TIC e relación coa industria. O reto, por tanto, non é crear máis estruturas nin engadir novas etiquetas, senón ordenar esa capacidade con estándares internacionais de foco, integración e execución.
Colectivo: ,
Responsable: Vicerreitoría de Investigación, Vicerreitoría de Transferencia, Innovación e Impacto Social
O Campus do Mar debe volver ser un activo estratéxico central da UVigo e o principal instrumento para reforzar a súa posición no sistema internacional de coñecemento mariño.
Colectivo: ,
Responsable: Vicerreitoría de Investigación, Vicerreitoría de Transferencia, Innovación e Impacto Social
A UVigo desenvolverá unha estratexia específica para os másteres universitarios como peza central do seu sistema académico, entendéndoos como ponte entre o grao, o doutoramento, a especialización profesional e a internacionalización.
Prazo:
Responsable: Vicerreitoría de Docencia e Transformación Educativa, Vicerreitoría de Oferta Académica
Desenvolveremos unha oferta UVigo de microcredenciais e formación modular, organizada en itinerarios claros e coherentes, que permita adquirir e actualizar competencias ao longo da vida.
Colectivo: ,
Responsable: Vicerreitoría de Docencia e Transformación Educativa, Vicerreitoría de Oferta Académica
A UVigo comprometerase co despregamento do acordo de formación médica en Galicia desde unha posición activa e con criterios propios, reforzando o papel dos hospitais de Vigo, Ourense e Pontevedra como espazos docentes de referencia e garantindo que a súa achega ao sistema se traduza en capacidade académica, organizativa e docente real para a universidade.
Colectivo: , ,
Responsable: Vicerreitoría de Oferta Académica
Abriremos un proceso académico e participativo para definir, no horizonte 2032, que perfís formativos debe ofrecer a UVigo, que combinacións de coñecementos son prioritarias e como se articula a oferta docente como proxecto común de universidade.
Colectivo: , , ,
Prazo:
Responsable: Vicerreitoría de Docencia e Transformación Educativa, Vicerreitoría de Oferta Académica
Desenvolveremos un programa de compromiso social global orientado a reforzar a educación e a igualdade de xénero en territorios con presenza de empresas galegas, especialmente en Latinoamérica e África.
Colectivo:
Responsable: Vicerreitoría de Transferencia, Innovación e Impacto Social
Reforzaremos e ordenaremos a Universidade Sénior e o cuarto ciclo como espazos de aprendizaxe ao longo da vida e de participación social activa das persoas maiores, recoñecéndoas como parte da comunidade universitaria.
Colectivo:
Responsable: Vicerreitoría de Oferta Académica
Consolidaremos a rede Alumni UVigo orientada á construción de comunidade e ao retorno social, promovendo a participación do alumni en actividades culturais, científicas e sociais, programas de mentorización con enfoque social e colaboración con entidades do territorio.
Colectivo:
Responsable: Vicerreitoría de Estudantes e Vida Universitaria
Impulsaremos liñas estables de cooperación da UVigo con entidades do asociacionismo, o terceiro sector e a administración local para abordar causas de interese público como inclusión, igualdade, saúde comunitaria, sustentabilidade, alfabetización dixital, cultura e cohesión social.
Colectivo:
Responsable: Vicerreitoría de Transferencia, Innovación e Impacto Social
Estableceremos un marco común de avaliación e rendición de contas do impacto social das accións da UVigo, estruturado por campus e liñas de compromiso.
Colectivo:
Responsable: Vicerreitoría de Transferencia, Innovación e Impacto Social
Crearemos unha porta de entrada única, visible e estable para empresas, administracións e entidades sociais que integre acceso, orientación e seguimento. “UVigo Responde” combinará acollida inicial con resposta nun prazo definido, identificación de responsables e información clara do estado de cada solicitude.
Colectivo:
Prazo:
Responsable: Xerencia
A mobilidade internacional de PDI e PTXAS é unha ferramenta clave para crear redes, mellorar a docencia, coñecer outras formas de organización e abrir oportunidades para a UVigo, pero hoxe está insuficientemente recoñecida, mal acompañada e, en demasiados casos, penalizada por axudas escasas que obrigan a asumir custos do propio peto.
Colectivo: , ,
Prazo:
Responsable: Vicerreitoría de Profesorado e Persoal Investigador
A cooperación iberoamericana é intensa pero pouco estruturada no doutoramento. Esta medida transforma relacións bilaterais nun programa multilateral selectivo e sostible.
Colectivo: , ,
Responsable: Vicerreitoría de Oferta Académica
A reputación externa perde eficacia cando se traballa por impulsos, e gaña cando se constrúe con método.
Colectivo: , ,
Prazo:
Responsable: Vicerreitoría de Oferta Académica
A captación internacional de estudantado adoita ser reactiva e dispersa, con presenza en moitos espazos pero cun acompañamento irregular que penaliza a experiencia de chegada.
Colectivo: ,
Responsable: Vicerreitoría de Estudantes e Vida Universitaria
A UVigo global precisa unha identidade lingüística coherente: o galego como lingua propia e institucional, o castelán como activo de integración, e o inglés como ferramenta operativa cando achega valor académico.
Colectivo: , , ,
Responsable: Vicerreitoría de Estudantes e Vida Universitaria, Vicerreitoría de Oferta Académica
A acción de goberno debe ser guiada por un plan que informe do que e do como; a axenda non pode estar mudando por urxencias, intereses fragmentados ou demandas puntuais, sen unha conexión clara entre prioridades, recursos e resultados.
Colectivo: , , ,
Prazo:
Responsable: Vicerreitoría de Estratexia, Gobernanza e Economía, Xerencia
O Código Ético da UVigo só cumpre a súa función se a comunidade o coñece e se se utiliza para orientar decisións reais. Por iso activaremos unha política de integridade institucional baseada en tres piares.
Colectivo: , , ,
Prazo:
Responsable: Secretaría Xeral, Vicerreitoría de Estratexia, Gobernanza e Economía
A UVigo precisa un sistema accesible e coordinado para previr, canalizar e resolver conflitos de convivencia universitaria.
Colectivo: , , ,
Prazo:
Responsable: Secretaría Xeral
A transparencia institucional non debe limitarse ao cumprimento formal da normativa, senón converterse nun instrumento real de rendición de contas e confianza pública.
Colectivo: , , ,
Responsable: Secretaría Xeral, Vicerreitoría de Estratexia, Gobernanza e Economía
Nos últimos anos medrou significativamente unha tensión estrutural orzamentaria posta de manifesto mesmo polo propio Consello Social: os gastos correntes superan os ingresos correntes, e foise consumindo aforros con remanentes e operacións puntuais.
Colectivo: , , ,
Prazo:
Responsable: Vicerreitoría de Estratexia, Gobernanza e Economía
As decisión organizativas e unha política de persoal no PTXAS pouco axeitada fixeron máis fráxiles os circuítos administrativos e normalizaron a infraexecución.
Colectivo: , , ,
Prazo:
Responsable: Vicerreitoría de Estratexia, Gobernanza e Economía, Xerencia
Desenvolverase unha folla de ruta por campus para incrementar a autonomía enerxética e preparar a electrificación de servizos e mobilidade.
Colectivo: , , ,
Prazo:
Responsable: Vicerreitoría de Infraestruturas, Enerxía e Mobilidade
Implantaranse pregos tipo para compras e contratos recorrentes (limpeza, mantemento, subministracións, equipamento e servizos) incorporando criterios ambientais e de custo de ciclo de vida: eficiencia, durabilidade, reparabilidade e redución de embalaxes e consumibles.
Colectivo: , , ,
Prazo:
Responsable: Xerencia
Desenvolverase un Plan de Mobilidade por campus para reducir a dependencia do coche individual e mellorar a seguridade, a accesibilidade e a conexión funcional entre espazos universitarios.
Colectivo: , , ,
Responsable: Vicerreitoría de Infraestruturas, Enerxía e Mobilidade
Desenvolverase un programa por campus para converter os espazos exteriores en infraestrutura real de benestar e adaptación climática: máis sombra e confort térmico, itinerarios peonís agradables e seguros, e unha xestión da auga máis eficiente.
Colectivo: , , ,
Responsable: Vicerreitoría de Infraestruturas, Enerxía e Mobilidade
Establecerase un marco por campus para activar a vida no campus e a súa relación co territorio sen interferir coa actividade académica nin depender de excepcións e negociacións informais.
Colectivo: , , ,
Prazo:
Responsable: Vicerreitoría de Infraestruturas, Enerxía e Mobilidade