A UVigo é unha institución multicampus con realidades académicas, sociais e territoriais diversas.
A gobernanza institucional debe recoñecer esa diversidade e evitar modelos excesivamente centralizados que dificultan a resposta ás necesidades específicas de cada campus.
Reforzaremos unha gobernanza multicampus baseada en tres principios: (1) coordinación institucional estable mediante estruturas regulares de diálogo entre reitoría, direccións de campus e centros; (2) capacidade operativa nos campus, reforzando as estruturas técnicas e administrativas que permiten resolver problemas e executar políticas institucionais con maior proximidade; (3) diagnósticos e prioridades específicas de campus, integradas no marco estratéxico común.
Este enfoque permitirá desenvolver políticas institucionais coherentes mantendo ao mesmo tempo capacidade de adaptación ás necesidades de Vigo, Pontevedra e Ourense.
