Financiamento e sustentabilidade: “verdade de partida” e posición forte para o ciclo 2027–2032

É ben coñecido que, nos últimos anos, medrou significativamente unha tensión estrutural orzamentaria posta de manifesto mesmo polo propio Consello Social: os gastos correntes superan os ingresos correntes, e foise consumindo aforros con remanentes e operacións puntuais.

Se non se coñece con precisión a situación real e non se actúa con planificación, a UVigo acabará pagando en calidade de servizos esta situación: prazos que se alongan, investimentos que se adían, convocatorias que se atrasan e desgaste diario de PDI, PTXAS e estudantado.

Por iso, faremos inmediatamente unha diagnose económico-financeira interna e externa, co Consello Social, e publicaremos un “punto de partida” verificable. Con esa base, a UVigo irá á negociación do financiamento 2027–2032 cunha posición de datos certos, prioridades claras e argumentos para reforzar o financiamento estrutural e a estabilidade do servizo público universitario, reducindo vulnerabilidades e dependencia mecánica da matrícula