Desenvolveremos un programa de compromiso social global orientado a reforzar a educación e a igualdade de xénero en territorios con presenza de empresas galegas, especialmente en Latinoamérica e África.
A UVigo colaborará con entidades educativas, universidades locais e organizacións de mulleres, achegando coñecemento, formación e metodoloxía desde unha lóxica de cooperación, aprendizaxe mutua e respecto ao contexto local.
O obxectivo é exercer unha responsabilidade social global coherente cos valores da universidade pública, contribuíndo á mellora de oportunidades educativas e á situación das mulleres desde Galicia.
