Desenvolveremos unha oferta UVigo de microcredenciais e formación modular, organizada en itinerarios claros e coherentes, que permita adquirir e actualizar competencias ao longo da vida.
Esta oferta responderá a necesidades formativas cambiantes e reforzará a conexión da universidade coa contorna social, profesional e produtiva, incluíndo empresas, clusters e sectores estratéxicos do territorio, sen renunciar por suposto ao liderado académico da UVigo.
O obxectivo é consolidar unha proposta recoñecible, útil e integrada na identidade institucional da universidade, superando a lóxica de cursos illados ou desarticulados.
