Capacidade de execución: recuperar músculo administrativo para que o orzamento chegue a tempo ás persoas e aos servizos

As decisión organizativas e unha política de persoal no PTXAS pouco axeitada fixeron máis fráxiles os circuítos administrativos e normalizaron a infraexecución. O efecto é real e diario: contratacións que se atrasan, compras que chegan tarde, mantemento que se adía e pagamentos que se alongan.

A nosa proposta é operativa e controlable desde Xerencia: (1) mapa de tramitación por tipoloxías (compras, servizos, obras menores), con responsables e tempos obxectivo; (2) plan anual de contratación e compras con calendario e expedientes tipo para o repetitivo; (3) prazos estándar e seguimento mensual en Xerencia para desbloquear expedientes e reasignar tarefas dentro das unidades cando haxa saturación; (4) priorización de gasto crítico (mantemento, subministracións, servizos esenciais) para evitar deterioro por adiamentos.

As melloras que requiran redeseño de procedementos incorporaranse como proxectos curtos dentro do Plan Operativo de Transformación e seguiranse coas regras de gobernanza de procesos definidas.