Abriremos un proceso académico e participativo para definir, no horizonte 2032, que perfís formativos debe ofrecer a UVigo, que combinacións de coñecementos son prioritarias e como se articula a oferta docente como proxecto común de universidade.
O proxecto académico servirá para poñer en valor o que xa funciona, facer visibles as conexións entre titulacións e establecer criterios compartidos que orienten as decisións futuras en materia de docencia, pero dotando á universidade de coherencia e dirección clara.
