Cooperación con asociacionismo, terceiro sector e administracións locais para causas sociais

Impulsaremos liñas estables de cooperación da UVigo con entidades do asociacionismo, o terceiro sector e a administración local para abordar causas de interese público como inclusión, igualdade, saúde comunitaria, sustentabilidade, alfabetización dixital, cultura e cohesión social.

A colaboración basearase na achega de coñecemento, metodoloxía e apoio técnico universitario, sen competir coa actividade da empresa privada, con criterios claros de utilidade social, reciprocidade e devolución pública de resultados.

O obxectivo é reforzar o papel da UVigo como institución pública comprometida cos retos sociais do seu territorio.