Plans Directores por Campus con carteira de actuacións por fases

Elaboraranse Plans Directores para Vigo, Pontevedra e Ourense cun horizonte de 6 anos e revisión anual. Cada plan incluirá unha carteira priorizada por fases e criterios públicos (seguridade, continuidade do servizo, accesibilidade, impacto enerxético e custo total).

Os plans identificarán tamén edificios e espazos con incidencias ambientais ou estruturais que condicionen o seu uso (calidade do aire interior, ventilación, presenza de radón, humidades ou outras), incorporando estas situacións á carteira de actuacións con criterios públicos de prioridade e programación por fases.

Ademais, integrarase un apartado de accesibilidade “porta a porta”, de maneira que unha persoa poida chegar e moverse polos tres campus sen obstáculos desde o punto de chegada ata o destino (parada de bus ou aparcadoiro, entrada do edificio, aulas/biblioteca/servizos), con sinalización clara e iluminación suficiente. Identificaranse “puntos negros” (ramplas inexistentes, portas pesadas, itinerarios mal iluminados, escaleiras sen alternativa, aseos non adaptados) e executarase unha primeira xeira de iniciativas rápidas con mantemento ordinario; o resto programarase como obra por fases.

Estas actuacións físicas aliñaranse co marco común de inclusión e accesibilidade do programa, garantindo trazabilidade entre as necesidades detectadas e a execución. Publicarase unha ficha resumida por campus coas actuacións e estado (proxecto, licitación, obra, rematada).

Con este sistema queremos ordenar investimento e mantemento, reducir urxencias e facilitar a preparación de proxectos para captar financiamento externo.