Medidas

Transformación: Unha UVigo útil e presente en Galicia

Medidas · Transformación: Unha UVigo útil e presente en Galicia

A UVigo organizará os Campus de Especialización como plataformas estables de relación co territorio, cunha función pública recoñecible máis alá da súa proxección académica e científica.
Colectivo:
Responsable: Vicerreitoría de Campus de Ourense, Vicerreitoría de Campus de Pontevedra, Vicerreitoría de Estratexia, Gobernanza e Economía
Desenvolveremos un programa de compromiso social global orientado a reforzar a educación e a igualdade de xénero en territorios con presenza de empresas galegas, especialmente en Latinoamérica e África.
Colectivo:
Responsable: Vicerreitoría de Transferencia, Innovación e Impacto Social
Reforzaremos e ordenaremos a Universidade Sénior e o cuarto ciclo como espazos de aprendizaxe ao longo da vida e de participación social activa das persoas maiores, recoñecéndoas como parte da comunidade universitaria.
Colectivo:
Responsable: Vicerreitoría de Oferta Académica
Consolidaremos a rede Alumni UVigo orientada á construción de comunidade e ao retorno social, promovendo a participación do alumni en actividades culturais, científicas e sociais, programas de mentorización con enfoque social e colaboración con entidades do territorio.
Colectivo:
Responsable: Vicerreitoría de Estudantes e Vida Universitaria
Impulsaremos liñas estables de cooperación da UVigo con entidades do asociacionismo, o terceiro sector e a administración local para abordar causas de interese público como inclusión, igualdade, saúde comunitaria, sustentabilidade, alfabetización dixital, cultura e cohesión social.
Colectivo:
Responsable: Vicerreitoría de Transferencia, Innovación e Impacto Social
Estableceremos un marco común de avaliación e rendición de contas do impacto social das accións da UVigo, estruturado por campus e liñas de compromiso.
Colectivo:
Responsable: Vicerreitoría de Transferencia, Innovación e Impacto Social
Crearemos unha porta de entrada única, visible e estable para empresas, administracións e entidades sociais que integre acceso, orientación e seguimento. “UVigo Responde” combinará acollida inicial con resposta nun prazo definido, identificación de responsables e información clara do estado de cada solicitude.
Colectivo:
Prazo:
Responsable: Xerencia