Prevención de riscos laborais e cultura preventiva

Reforzaremos a cultura preventiva con formación continua en PRL para o PDI (módulos por risco e actividade), actualización de avaliacións de risco e plans de autoprotección multicampus e por centros, e accións específicas para prácticas e actividades con riscos (laboratorios, saídas de campo).

O obxectivo é reducir incidentes e aumentar seguridade e profesionalización, evitando que a prevención sexa só un trámite formal e garantindo condicións de traballo seguras nas actividades docentes e investigadoras.