Equidade, transparencia e competitividade nas condicións do PI/PAI

Nun contexto científico altamente competitivo, a universidade non pode permitirse perder persoal investigador por falta de flexibilidade ou por marcos salariais pouco atractivos. Isto está a suceder. Ao mesmo tempo, a ausencia de criterios claros xera desconfianza e percepción de agravios comparativos.

A proposta aposta por definir estruturas de referencia e criterios públicos para as condicións laborais e retributivas do PI/PAI que recoñezan a diversidade de perfís, responsabilidades e fontes de financiamento, sen caer en uniformizacións artificiais nin excepcións opacas. A execución desta medida combinará flexibilidade para captar e reter talento con trazabilidade das decisións, de xeito que cada condición poida ser explicada e xustificada.

O resultado será un sistema máis respectuoso cos estándares internos, que permita á UVigo actuar como unha organización que quere estar na vangarda da ciencia.