Reduciremos a carga administrativa que soporta o estudantado e evitaremos a “peregrinación” entre unidades.
No primeiro ano identificaranse os trámites de maior custo de tempo (matrícula e incidencias, certificados, recoñecementos, prácticas, bolsas propias e solicitudes académicas) e redeseñaranse para eliminar pasos redundantes, aplicando a regra “unha vez e abonda” (reutilización de datos e documentación xa existente).
Implantarase unha canle única de soporte para incidencias recorrentes (ticketing) con prazos de resposta definidos.
Nunha segunda fase, publicaranse prazos estándar e claros nos procedementos máis frecuentes e habilitarase un seguimento do estado de cada solicitude para dar previsibilidade. Cando se incumpran prazos, activarase unha alerta interna e un plan de corrección con reporte periódico.
O obxectivo é reducir incerteza, tempos mortos e frustración, e aumentar a confianza na xestión universitaria
