Implantaremos un Plan de Ordenación de Recursos Humanos para o PTXAS, con planificación anual e horizonte plurianual, para deixar atrás a improvisación e dotar a universidade dun marco estable de previsión, distribución e seguimento do persoal.
O plan ligarase ás necesidades reais dos servizos, ás previsións de xubilacións, aos picos de actividade e ás prioridades estratéxicas da universidade, e fixará criterios públicos de priorización (unidades críticas, impacto en persoal, docencia, investigación e estudantado, riscos por sobrecarga).
Terá seguimento con indicadores agregados (vacantes, tempos de cobertura, carga estrutural e riscos) para asegurar control, corrección e mellora continua.
Como parte deste marco, redefiniremos e publicaremos un novo modelo estable de mobilidade interna do PTXAS, adaptado aos itinerarios profesionais e con criterios obxectivos e garantías de equidade entre campus e unidades, para ordenar mellor a asignación de efectivos e responder con máis coherencia ás necesidades temporais e estruturais.
O plan desenvolverase con instrumentos organizativos e de planificación compatibles coa relación de postos de traballo vixente, e servirá como base para a súa revisión progresiva polos procedementos correspondentes.
O obxectivo é gañar capacidade real de resposta, equidade e control, especialmente nunha universidade multicampus como a nosa
