Prevención de riscos laborais e plans de autoprotección actualizados por centros e campus

Actualizaremos avaliacións de risco e plans de autoprotección con enfoque multicampus e por centros, e implantaremos un calendario formativo anual en PRL adaptado aos perfís e tarefas do PTXAS, incorporando simulacros e accións prácticas por unidade cando proceda.

O obxectivo é reducir exposicións e incidencias, mellorar a capacidade de resposta e facer que a prevención sexa útil na práctica, e non só documentación.