Programa de intercambio de aloxamentos con visitas voluntarias e aprendizaxe entre servizos

Contribuiremos á consolidación do programa de intercambio de aloxamentos universitarios como unha iniciativa estable.

A universidade favorecerá este enfoque facilitando ademais unha oferta diferente de destinos e períodos nos que sexa posible realizar visitas e intercambio de experiencias, coordinando contactos cos servizos de acollida e priorizando as solicitudes que inclúan un itinerario formativo (non ten que ser necesariamente formal) co seu correspondente informe de boas prácticas que permitirá alimentar un repositorio interno de propostas de mellora para os servizos.

A implantación incluirá unha avaliación anual (participación, utilidade e ideas aplicables), e poderá abrirse progresivamente a outros colectivos.