Cobertura de vacantes e dimensionamento: fin do “apagar lumes” como norma

Aseguraremos un enfoque proactivo na cobertura de prazas vacantes e no dimensionamento de equipos, con atención especial ás unidades e momentos especialmente críticos.

Elaborarase un mapa que recolla as unidades e etapas críticas para a cobertura de vacantes e substitucións, e definiranse prazos máximos e proporcionados de resposta, con seguimento periódico e información agregada para evitar improvisación e sobrecarga crónica.

Este mapa basearase no organigrama funcional e nas cargas reais por procesos, e revisarase anualmente. Traballarase co principio de que ningún posto previsto na relación de postos de traballo poderá quedar desocupado sine die, así como de que as ofertas por acumulación de tarefas, cando sexan necesarias, teñan unha duración acaída, que ofreza mínimos razoables de estabilidade ás persoas e ás unidades, garantindo a eficacia das substitucións.

Dentro da remodelación estratéxica da área de recursos humanos do PTXAS traballarase, en coordinación co persoal do ámbito, na implantación de sistemas tecnolóxicos que axilicen e fagan máis obxectivas as coberturas por comisións de servizo e listas de agarda.

O obxectivo é diminuír tensións, mellorar a calidade do servizo e poñer fin a unha forma de funcionar baseada en vacantes sen cubrir, sobrecarga crónica e solucións improvisadas