Plan de simplificación normativa e administrativa

Aprobaremos un Plan de simplificación normativa e administrativa para revisar procedementos, eliminar duplicidades, reducir cargas innecesarias e facer máis áxil e comprensible o funcionamento da UVigo.

O Plan combinará tres liñas de traballo:
(1) revisión e actualización da normativa interna e dos procedementos máis frecuentes, para evitar solapamentos, requirimentos redundantes e trámites que non achegan valor;
(2) simplificación administrativa real, baseada no principio de non pedir documentación que xa obra en poder da universidade, no uso de declaracións responsables cando sexa posible e na automatización de renovacións e actuacións repetitivas; e
(3) reforzo do papel do PTXAS como peza central da mellora organizativa, incorporando a súa experiencia práctica na detección de disfuncións, no redeseño de procesos e na implantación de solucións útiles.

O Plan contará con prioridades anuais, responsables identificados, seguimento periódico e indicadores de resultado, e prestará especial atención á simplificación da xestión académica, económica, de persoal e de investigación.

O obxectivo é reducir burocracia, liberar tempo útil e mellorar a capacidade de resposta da institución sen trasladar máis carga ás persoas. Este plan de simplificación administrativa formará parte do proxecto global de transformación organizativa e dixital. Non queremos só reducir burocracia; necesitamos mellorar procesos.