Implantaremos unha canle dixital de primeira resposta que permita orientar á comunidade universitaria nas consultas máis habituais e repetitivas, guiando correctamente solicitudes, trámites e procedementos antes de chegar á atención directa do PTXAS.
Esta canle ofrecerá información clara baseada en contidos oficiais e actualizados, axudará a identificar a canle correcta e permitirá rexistrar solicitudes completas cando proceda, reducindo erros, interrupcións e retraballo. A ferramenta estará integrada cos servizos internos e contará sempre cunha opción clara de derivación á atención humana cando a situación o requira, e non se empregará para asuntos sensibles nin para decisións con impacto xurídico.
O obxectivo é reducir a carga de consultas repetitivas, mellorar a calidade das solicitudes que chegan aos servizos e liberar tempo do PTXAS para tarefas de maior valor.
