Reordenaremos comedores/cafetarías e espazos comúns para corrixir dispersión, perdas e servizos con funcionamento irregular (horarios e aperturas non estables, cambios frecuentes na oferta e ausencia de información unificada).
Consolidarase un modelo sostible con regras claras de prezos, horarios e estándares de servizo, e con mantemento e uso definidos para locais e espazos compartidos. Cando proceda, explorarase a activación de locais mediante alugueiro/concesión con criterios públicos e control, evitando modelos inviables.
O obxectivo é garantir servizos básicos dignos e sostibles para a vida diaria nos campus e mellorar a experiencia de estudo e convivencia
