A UVigo xa emprega instrumentos de programación con algunhas unidades; a nosa proposta é convertelos nun mecanismo simple, comparable e executábel para orientar recursos, aliñar prioridades e reducir arbitrariedade.
Estableceremos contratos-programa en tres niveis: centros (calidade docente, coordinación e servizos), departamentos (organización docente e estándares mínimos de funcionamento) e estruturas institucionais de investigación/transferencia (institutos/unidades). Cada contrato terá 3–5 indicadores máximos, liña base, metas anuais e un incentivo explícito (prioridade en investimentos, apoio técnico, reforzo de capacidade ou acceso preferente a determinados programas de apoio).
A revisión será anual e ligada ao ciclo estratéxico: se hai desviacións, acordaranse medidas correctoras en recursos, prazos ou simplificación de procesos.
