Asociacionismo e liderado estudantil: microfinanciamento, formación, redes e recoñecemento

Apoiaremos o asociacionismo e a participación en redes interuniversitarias mediante microfinanciamento competitivo para proxectos con impacto (cultura, ciencia, sustentabilidade, solidariedade) e un itinerario de apoio ao liderado estudantil: formación en xestión, igualdade e convivencia, e acompañamento básico para evitar burocracia inútil.

Incorporaremos un sistema común e transparente de recoñecemento institucional e académico da participación, garantindo igualdade de trato entre centros e campus. Isto incluirá criterios públicos e homoxéneos para o recoñecemento de actividades de representación estudantil, asociacións e delegacións, e o seu reflexo no expediente e/ou no suplemento europeo ao título cando proceda, para que a participación teña valor real na traxectoria formativa e curricular.

O obxectivo é aumentar a participación, comunidade e aprendizaxes transversais, con equilibrio entre autonomía e responsabilidade, e que o compromiso estudantil conte e se recoñeza de forma xusta