Campus habitables: espazos de estudo, accesibilidade e vida universitaria

Melloraremos espazos e servizos clave para a experiencia diaria do estudantado: espazos de estudo e aprendizaxe, accesibilidade universal e zonas de encontro e participación.

Aplicarase mantemento preventivo e criterios claros de prioridade por campus para reducir desigualdades e deterioro por falta de previsión. Activarase e dignificarase unha rede de espazos para vida estudantil e participación, garantindo en cada campus a dispoñibilidade de áreas funcionais e visibles para asociacionismo e representación (reunións, atención e coordinación), mediante a reordenación e mellor uso de espazos existentes cando sexa posible e, cando proceda, con actuacións de mellora compatibles coa planificación e coas dispoñibilidades orzamentarias.

Melloraremos tamén os espazos exteriores para desfrutar nos tempos de lecer da contorna cercana ás facultades/escolas. Estas actuacións integraranse na planificación de infraestruturas do Plan de Campus, con seguimento de necesidades, prazos e responsables, evitando solucións improvisadas ou dependentes de negociacións puntuais.

O obxectivo é facer os campus máis habitables e útiles para estudar, convivir e participar