Mobilidade inclusiva para estudantes

A mobilidade internacional segue sendo menos accesíbel para estudantes con barreiras económicas, de saúde, de discapacidade ou por situacións de coidados.

A medida integra un itinerario de mobilidade inclusiva dentro da “unha soa porta”: identificación temperá de necesidades, asesoramento específico e procedemento único de solicitude de apoios complementarios. Establécese un fondo de axudas de complemento condicionado a cofinanciación cando proceda (programas europeos, institucións, convenios) e con criterios públicos de asignación, evitando arbitrariedades.

A coordinación con centros e servizos de apoio permitirá prever adaptacións razoábeis, accesibilidade e acompañamento, incluíndo modalidades curta/mixta/virtual cando sexan a opción máis axeitada. Implantarase como piloto en convocatorias de maior volume e consolidarase con avaliación anual.

O obxectivo é ampliar acceso sen comprometer igualdade de oportunidades nin calidade da experiencia.