Participación estudantil con retorno: consulta e resposta institucional

Reforzaremos a participación do estudantado con mecanismos que garantan retorno: consultas abertas en decisións relevantes, comunicación de resultados e explicación pública do que se incorpora e do que non (e por que).

O obxectivo é pasar da participación formal á participación útil, reducindo a frustración e aumentando corresponsabilidade na mellora da universidade. Para pechar o ciclo da participación, publicaremos un esquema de retorno e seguimento, con compromisos de resposta e un reporte periódico (por campus e por ámbitos) que inclúa: accións realizadas, prazos, responsables e incidencias.

Cando existan mecanismos de recoñecemento da participación (académico ou institucional), garantirase tamén seguimento e criterios públicos, evitando desigualdades entre centros e asegurando que a información sexa clara para o estudantado. Debemos conseguir que este colectivo vexa o efecto real da súa participación e conte con información sobre decisións, execución e recoñecementos vinculados