Recuperaremos unha vida universitaria real e sostida, cunha programación estable coordinada con asociacións e delegacións estudantís (eventos, cultura, encontro e comunidade).
Melloraremos o transporte intercampus (frecuencias, horarios e capacidade) como condición de equidade entre campus e titulacións. R
eordenaremos e manteremos instalacións deportivas (piscina, ximnasio e outros espazos) cun modelo de xestión viable, accesible e orientado ao uso real, priorizando a resolución de situacións de saturación en franxas de alta demanda e mellorando progresivamente a capacidade, o equipamento e as condicións de uso, incluídos vestiarios, mediante actuacións por fases e aproveitamento de espazos infrautilizados.
O plan incluirá tamén accións de identidade e pertenza compartida, entre elas unha liña de produtos institucionais UVigo dispoñibles en puntos físicos e/ou en canle en liña, para reforzar comunidade, visibilidade e orgullo de pertenza entre estudantado, persoal e alumni.
O obxectivo é facer máis habitable e atractiva a experiencia universitaria e reforzar, con medidas concretas, a pertenza, o benestar e a igualdade efectiva de oportunidades entre campus
