Acordaremos normas comúns e fáciles de entender sobre integridade académica e uso responsable da IA na docencia e na avaliación, para que o estudantado saiba con claridade que está permitido e que non, e para evitar criterios diferentes entre materias e centros.
Ao mesmo tempo, impulsaremos formas de avaliación máis ligadas ao que se aprende e ao que se sabe facer (proxectos, casos, tarefas aplicadas e, cando proceda, defensa oral), reducindo a dependencia de exames memorísticos e a ambigüidade arredor de ferramentas de IA.
O obxectivo é mellorar a calidade e a xustiza da avaliación e protexer o esforzo real do estudantado
