Axudantes doutores desde o día 1: plan de acollida e asesoramento para carreira académica, complementos e investigación

Pese a compartir a mesma figura contractual, a situación do profesorado axudante doutor é moi diversa: idades distintas, ámbitos científicos con prácticas diferentes, departamentos e grupos de investigación de tamaños e orientacións plurais, etc.  

Implantaremos un plan de acollida específico para o profesorado Axudante Doutor/a, cun “manual de benvida” e unha canle de asesoramento desde o primeiro día para responder con claridade a cuestións clave: complementos e dereitos que correspondan (trienios, quinquenios e sexenios), pasos e prazos orientativos cara á acreditación a figuras posteriores, e apoio práctico para integrarse en proxectos e dinámicas de investigación sen depender de información informal.

O obxectivo é reducir incerteza, evitar desigualdades por centro/grupo/ámbito e facilitar que os AXD poidan planificar a súa carreira e o seu traballo académico con información fiable e acompañamento institucional.