A internacionalización non pode depender só de quen pode facer unha mobilidade longa.
A medida establece un compromiso institucional: todas as titulacións ofrecerán, ao longo do plan de estudos, polo menos unha vía real e recoñecida de experiencia internacional integrada no currículo. Esa vía poderá adoptar formatos distintos segundo a natureza da titulación e a demanda: mobilidade física, mobilidade curta ou mixta, mobilidade virtual, aula espello/COIL, proxecto internacional integrado nunha materia, módulo conxunto con universidade socia ou participación nun programa conxunto cando exista.
Comezaremos por elaborar un mapa por titulación (semestre recomendado, requisitos e recoñecemento) e establecerase un seguimento anual de cobertura, participación e satisfacción.
O obxectivo é facer a internacionalización accesible e equitativa para o conxunto do estudantado.
