Prácticas externas de calidade e ponte efectiva ao emprego en sectores tractores e por campus

Fortaleceremos as prácticas externas implantando un marco común de calidade en toda a UVigo, con criterios claros e compartidos: acordo/plan formativo, tarefas alineadas coa aprendizaxe, titorización efectiva, avaliación e transparencia na asignación, para garantir igualdade de oportunidades entre campus e titulacións.

Para incrementar a utilidade real das prácticas e facer máis atractiva a colaboración empresarial, estruturaremos a relación co tecido produtivo enfatizando programas sectoriais tractores por campus, conectados coa especialización existente: Campus CREA (Pontevedra) para industrias creativas e servizos avanzados; Campus da Auga (Ourense) para ámbitos vinculados á auga, saúde-benestar, sustentabilidade e bio/medio; e Vigo como polo industrial e tecnolóxico (automoción-metal-marítimo e tecnoloxías dixitais), entre outros sectores estratéxicos. Estes programas facilitarán carteiras estables de entidades colaboradoras e itinerarios de prácticas máis coherentes e recorrentes.

En paralelo, reforzaremos a transición ao emprego mediante mentorización (con profesionais e egresados/as), conexión con sectores estratéxicos e apoio a itinerarios de emprendemento cando proceda.

O obxectivo é que as prácticas sexan unha experiencia formativa con valor e unha ponte efectiva cara ao primeiro emprego, reducindo desigualdades e mellorando a empregabilidade en todo o sistema de campus