Capacitación para ensinar e aprender nun mundo con IA

Desenvolveremos itinerarios formativos específicos en competencias dixitais e de intelixencia artificial para PDI e estudantado, co obxectivo de facer posible unha aplicación efectiva do marco común de uso da IA e das novas metodoloxías docentes.

A formación estará orientada a un uso crítico, responsable e academicamente sólido da tecnoloxía, indo máis alá do manexo instrumental de ferramentas e centrando a aprendizaxe no impacto da IA sobre como se aprende, como se avalía e como se produce coñecemento.