Formación continua e mobilidade como investimento estratéxico

Reforzaremos a formación continua e a mobilidade do PDI como unha política institucional de calidade e competitividade, non como un “extra” voluntarista.

A UVigo facilitará estadías, actualización docente e investigadora, formación en competencias dixitais e metodolóxicas, e aprendizaxe entre pares, con procedementos simples que non penalicen a participación con burocracia, evitando as desigualdades entre centros e campus.

A medida incluirá convocatorias e criterios claros, planificación anual e apoio administrativo, de maneira que o tempo investido en mellorar prácticas e redes se traduza en mellor docencia, mellor captación e mellor reputación. No mesmo marco, exploraremos un modelo regulado, equitativo e avaliable de períodos de intensificación/sabático, orientado a obxectivos verificables (proxectos, publicacións, innovación docente, captación, transferencia cando proceda) e integrado na planificación docente para evitar agravios e garantir viabilidade.

O obxectivo é que a mobilidade e a actualización sexan accesibles, útiles e sostibles, reforzando á UVigo como comunidade académica conectada e moderna.