UVigo accesible en inglés por fases

Unha internacionalización crible require accesibilidade lingüística institucional: hoxe a información clave non sempre está dispoñible nin é consistente, o que penaliza captación, acollida e reputación.

A medida fixa un estándar de UVigo accesible en inglés ao 100% por fases. Incluirá: web corporativa e webs de centros, información académica esencial (acceso, matrícula, calendarios, procedementos), guías docentes e pezas clave de servizos con alta demanda internacional. Para asegurar a sustentabilidade do esforzo, definiranse modelos e repositorio de contidos, revisión lingüística das pezas críticas e responsables por área/centro, evitando duplicidades e mantendo actualizacións sincronizadas.

O obxectivo é que calquera estudante ou persoa investigadora internacional poida entender a UVigo, tomar decisións e iniciar trámites doadamente, sen depender de intermediacións informais.