Pechar o que non se fixo: adaptación dos Estatutos á LOSU para unha UVigo máis participativa, moderna e gobernable

A UVigo necesita culminar, sen máis demoras, a aprobación dos seus novos Estatutos para adaptarse plenamente á Lei Orgánica 2/2023 do Sistema Universitario e dotarse dun marco institucional actualizado, claro e útil para a toma de decisións.

O atraso acumulado privou á universidade de tempo valioso para ordenar a súa gobernanza, reducir incertezas e avanzar na adecuación do seu funcionamento ao novo contexto universitario. Por iso impulsaremos de maneira inmediata un proceso de revisión, mellora e aprobación dos novos Estatutos, partindo do traballo xa realizado pola comisión nomeada polo Claustro e aproveitando o borrador existente como base de partida.

O obxectivo non é reabrir indefinidamente o debate, senón culminalo ben: con participación real da comunidade universitaria, revisión técnica rigorosa, seguridade xurídica e calendario claro. A UVigo precisa uns Estatutos á altura dunha universidade pública moderna, transparente, participativa e gobernable.