Un modelo de gobernanza aberta require tamén instrumentos estables de participación informada da comunidade universitaria nas decisións institucionais máis relevantes.
Desenvolveremos un Portal de Participación Universitaria que permita abrir consultas públicas internas sobre plans, regulamentos ou iniciativas estratéxicas antes da súa aprobación.
Este sistema permitirá (1) recoller achegas estruturadas de PDI, PTXAS e estudantado en procesos de elaboración normativa ou planificación institucional; (2) publicar borradores e documentos de traballo con prazos claros de participación; (3) informar das achegas recibidas e das decisións adoptadas, garantindo trazabilidade. Ademais, reforzarase a publicidade e accesibilidade dos órganos colexiados, mellorando a difusión das súas sesións e acordos, e estudarase a implantación progresiva de sistemas seguros de participación e voto electrónico nos procesos institucionais nos que sexa viable.
O obxectivo é que a participación pase a formar parte do funcionamento ordinario da universidade.
