Predocs e posdocs sen improvisación: itinerarios nítidos, apoio real e garantías institucionais

Poñeremos fin á improvisación e á dependencia de solucións informais no itinerario predoutoral e posdoutoral. Estableceremos un marco común de previsibilidade e apoio, con información clara e accesible desde o inicio: guía única de dereitos e obrigas, prazos e procedementos clave (contratacións, renovacións, permisos, estadías, avaliacións) e unha canle estable de acompañamento para reducir incerteza e desigualdades de trato.

Este marco estará aliñado con boas prácticas HRS4R/OTM-R, e permitirá ordenar mellor os distintos itinerarios posdoutorais, recoñecendo tanto as necesidades estruturais da universidade como o valor estratéxico da captación de talento en convocatorias altamente competitivas.

Implantaremos tamén un protocolo de integración específico que garanta unha incorporación doada ás unidades: acollida desde o primeiro día, acceso ordenado á información e aos recursos básicos, e un sistema de mentorización con persoa referente definido por criterios e responsabilidades.

Ademais, incorporaranse procedementos claros e confidenciais para situacións de conflito ou bloqueo na supervisión (predocs) e/ou na dirección científica (posdocs cando aplique), con pasos definidos, prazos de resposta e alternativas reais de mediación e reorientación. As incidencias e resolucións seguirán un circuíto definido sen expoñer datos persoais para detectar patróns e mellorar o sistema sen depender de solucións ad hoc