Programa de anos sabáticos con impacto e retorno institucional

Reformaremos o programa de anos sabáticos para convertelo nun instrumento estratéxico de xestión do talento e de internacionalización.

A concesión procurarase equilibrada por ámbitos de coñecemento, e basearase maioritariamente na calidade e viabilidade do proxecto: obxectivos, plan de traballo, colaboracións e impacto esperable (publicacións, proxectos, transferencia). A mobilidade externa e a apertura de redes contarán como criterio central, promovendo con nitidez as estadías en centros de referencia internacionais. No caso do PDI con etapas recentes de xestión institucional, esa dedicación considerarase como circunstancia relevante contextual.

En calquera caso, a avaliación de todos estes elementos na proposta realizarase mediante un sistema de revisión por pares externos á UVigo Esixirase ademais retorno institucional: informe final, sesión aberta e entrega de materiais/boas prácticas, con seguimento anual agregado (sen datos sensibles) de solicitudes, concesións, destinos e resultados.