Alianzas estruturadas por centro

Para que a internacionalización teña escala e equidade entre centros, a UVigo impulsará un plan progresivo para que cada centro dispoña dunha alianza internacional estruturada (dobre titulación ou formato equivalente con impacto: programa conxunto, módulos conxuntos, escola internacional/certificado), cando sexa viable e sostible.

A medida crea un soporte central para centros: modelos de convenio, guía de deseño curricular, apoio na relación con universidades socias e unha lista de condicións de éxito (demanda, encaixe, custos, capacidade e reciprocidade). Abrirase unha chamada anual de propostas aliñada coa carteira de alianzas e priorizaranse socios con valor e calidade comparábel ou complementaria. Implantarase por pilotos (2–3) e revisarase anualmente para asegurar calidade e sustentabilidade.

O obxectivo é que máis centros internacionalicen sen depender de iniciativas illadas.